Campaña galega pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2020

Desinfectemos os nosos cartos do militar

Din que estamos en guerra.

En guerra... contra un virus.

Vemos como o comité de crise para controlar unha emerxencia sanitaria está formado por un experto neste ámbito, fronte a tres representantes das forzas de seguridade do estado (e ninguén do eido da protección social). Escoitamos, cada día, un discurso bélico para falar dunha enfermidade.

De termos destinado, atendendo a criterios de seguridade humana, tan só unha pequena parte dos recursos destinados á militarización e a armamento durante a última década (206.745 millóns de euros desde 2008), agora sen dúbida contaríamos cun mellor sistema público de saúde e cun sistema de protección social máis robusto e capaz.

Durante os últimos quince anos, nun empreño propagandístico para xustificar os desorbitados gastos militares, fomentar a centralización contra as competencias de comunidades autónomas e, a fin de contas, contribuír ao control social, a Unidade Militar de Emerxencias foi impoñendo o seu intrusismo profesional e substituíndo continuamente Servizos de Protección Civil que antes eran públicos tamén pero civís.

Temos así que aplaudira gora ao exército por facernos o gran favor de desinfectar residencias e aeroportos, montar hospitais de campaña, ata levar a compra ás anciás, ao igual que hai un par de anos tivemos que aplaudirlles por, en teoría, protexernos dos lumes en Galiza. Non será entón que o precisamos son bos servizos de limpeza, sanidade, asistencia social, extinción de incendios e un longo etcétera de todos os servizos públicos que levan anos desmantelándose?

Pero a militarización da sociedade non é, obviamente, só unha cuestión de competencias. O que está en xogo é o modelo social. Un modelo de sociedade baseado na protección real das persoas ou no seu control. Unha sociedade de persoas informadas ou de soldados obedientes. A súa aposta está clara, sobre todo de cara aos tempos que virán. Pero a nosa aposta tamén.

Aproveitemos esta declaración da renda para desinfectar os nosos impostos do virus do militarismo, e continuemos loitando por unha sociedade en que poidamos relacionarnos a través doutros valores: a confianza, a solidariedade, a empatía, o apoio mutuo, a reflexión colectiva, etc.

FAGAMOS OBXECCIÓN FISCAL AO GASTO MILITAR.

Vigo, Espazo Aberto Antimilitar, primaveira 2020.


O Gasto Militar

O gasto militarizado estimado no 2019 rondou enredor os 23.577,96 millond de euros (moito agochado noutros ministerios) e si sumamos o adicado a control social a cifra dispáraso os 31.702,44 (Estimación do Grupo Tortuga)

A seguinte preguta a facerse... ¿Non seria mellor empregarlos en defendernos do que realmente nos importa? Adicarllos a protección social, á sanidade pública, investigación, ou a colectivos socias que directamente estan a loitar para defendernos das verdadeiras agresions que moitas sofremos.

Obxección fiscal

A Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado os cartos que este dedica á guerra e á sua preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares.

Aínda que non teñamos a obriga de pagar o IRPF, tod@s pagamos impostos cos que, queramos ou non, se financia o militarismo. Do mesmo modo, a Obxección Fiscal a podemos facer tod@s. E, se non queremos recorrer á OF, aínda podemos reclamar do goberno que o direito a non colaborar cos gastos militares sexa recoñecido e respeitado.

POR QUE OBXECTAR?

Consideramos que o mellor xeito de resolución dos conflictos entre os pobos é o diálogo, a cooperación e a solidariedade.

Cremos que o principal camiño para conquerir un mundo en paz é favorecer a xustiza. E non estamos de acordo co destino militarista nen coa forma en que son utilizados os nosos impostos (directos e indirectos)

QUE PROPOÑEMOS?

Ao Estado: a progresiva diminución do gasto militar até a súa eliminación e, por conseguinte, a desaparición dos exércitos.

A todas as persoas e movementos sociais: a desobediencia civil, por medio da O.F., frente á imposición de colaborar co militarismo.

Destinos

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares deste ano varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

Ademais destas dúas propostas podedes destinar os cartos ao Espazo Aberto Antimilitar. Os ingresos os podedes facer neste nº de conta ES49 1491 0001 2630 0008 8601 e non esquezades sinalar o proxecto ao que queredes destinar estes cartos.

Lembrade comunicar que fixestes a OFGM enviando un email a espazoantimilitar(arroba)riseup.net indicando a contía e o destino dos teus cartos. Con esa información todos os anos faise un informe estatal sobre a campaña.

Como facela

Antes de comezar lembra que TODO O MUNDO PODE FACER OBXECCIÓN FISCAL AO GASTO MILITAR

O estado recada impostos durante todo o ano a todas as persoas da sociedade, e o fai de moitas formas, non só mediante o IRPF. Deste diñeiro destina unha gran parte -884 € por persoa no ano 2017- para o exército, a policía e a preparación de guerras. A declaración do IRPF supón unha magnífica oportunidade de recuperar este diñeiro e destinalo a un fin xusto.

Por iso lembrámosche que:

  • Calquera persoa, teña ou non ingresos, teña ou non nómina, estea ou non dada de alta, pode facer a declaración de Facenda e reclamar este diñeiro ao estado para desvialo a un proxecto alternativo pola Paz e non violencia.
  • A declaración pódeche saír a pagar, a devolver ou de cota cero. En todos os casos podes obxectar.
  • Se a declaración mándancha xa feita (o borrador), NON a confirmes. Podes aproveitar ese borrador para realizar a túa declaración de IRPF utilizando o programa web da Axencia Tributaria, incluíndo a Obxección Fiscal ao Gasto Militar. Pódela realizar ti mesma ou encargarllo a unha xestoría. Explicámolo de forma máis detida:

Como se fai exactamente a obxección?

Propoñémosche dúas maneiras de facela:

  • Cota fixa: tendo en conta que o estado destinou este último ano 884 euros por persoa para fins militares, esta podería ser unha boa cantidade a obxectar. Con todo desde colectivos como Alternativa Antimilitarista- MOC lanzouse este ano a campaña "Nin un euro para a guerra", animando ás persoas obxectoras a desviar un simple e simbólico euro dos seus impostos co fin de que podamos ser moitas as persoas que fagamos obxección ao gasto militar e que, mesmo, podamos recorrer sen riscos nin complicacións no caso de que Facenda non acepte a nosa obxección.
  • Cota aberta: Dado que o estado ten tantos medios de recadar o noso diñeiro, resulta complicado determinar cal foi a cantidade exacta que nos cobrou ao longo de todo un ano. Con todo a OFGM é, ante todo, unha acción pública e colectiva de denuncia ao militarismo e unha interpelación á sociedade. É moito máis importante o feito de obxectar que a cantidade obxectada; por iso, calquera cantidade, por pequena que poida ser, é válida.

En ambos os casos, incluír a obxección na declaración do IRPF é moi fácil:

  • Realiza un ingreso bancario á entidade cara á que desexas desviar o diñeiro do gasto militar, pola cantidade que decidiches obxectar. Que a Obxección Fiscal ao Gasto Militar apareza nomeada no asunto da transferencia. Garda o comprobante.
  • Modifica a declaración da renda no programa web da Axencia Tributaria ata chegar ao apartado de “Retencións e demais pagos a conta”. Emprega un dos subapartados que non utilices (recomendámosche a casa 606) e nese lugar engade a cantidade que vas obxectar (un euro, ou calquera cota aberta que haxas decidido). Se non tiñas que facer declaración ou non desexabas facela, só tes que entrar á web da Axencia Tributaria, solicitar o teu borrador (moi fácil de facer) e anotar a cantidade que desexas desviar na casa 606. O programa informático recalcula toda a declaración de forma automática. Mesmo aínda que os teus ingresos fosen de cero euros.
  • Termina normalmente o resto da declaración, sen esquecer que o “Resultado da declaración” ten que verse diminuído -se é “a pagar”- nunha cantidade igual á cantidade obxectada ou que a cantidade para devolver -se é “a devolver”- ten que verse aumentada tamén na devandita cantidade.
  • Valida a declaración e dálle a enviar.
  • Envía unha carta ao Ministerio de Facenda anunciando que fixeches Obxección Fiscal ao Gasto Militar e explicando os teus motivos (modelo). Acompaña comprobante do teu ingreso á organización que elixiches como destino alternativo. Garda copia de todo. Pode ser postal (María Jesús Montero, C/ Alcalá, 9. 28071 – Madrid), ou mediante o propio rexistro eléctronico da "Sede Electronica da Axencia Tributaria" podesla incluir como anexo da tuá declaración.

Se non te aclaras moito á hora de realizar de forma informática a túa declaración de IRPF neste ligazón hai un titorial detallado na web Tortuga.

Qué riscos ten?

Si non é aceptada seguramente alegarán motivos técnicos, e pediránche o importe obxetado. Lembra que non estamos a defraudar, é un acto de desobediencia civil co cal pretendemos denunciar o militaristo en xeral e o gasto militar en particulur.

Contacto

Mensaje enviada, gracias!

Copyleft - 2020 - Grazas polos materias gráficos a "El Salto" y "Goldi libre, autorretrato dun insubmiso nos cárceres de Felipe González", se atopas material que non queres que usemos so tes comentalo.